Que ofrece Challenge STEM?
A través dunha plataforma web á que terán acceso todas as persoas do equipo e o profesorado responsable, Challenge STEM ofrece un escenario no que o alumnado participante poderá non só poñer en práctica os seus coñecementos, senón tamén aprender de maneira proactiva e colaborativa.
Mediante a gamificación dos contidos de materias STEM, a modo de escape room, estes preséntanse de maneira atractiva e lúdica. O equipo enfrontarase a catro retos nos que deben poñer en común os seus coñecementos en matemáticas, cálculo, física, química, ciencia e tecnoloxía.
En cada reto deberán resolver cuestións sobre materias STEM de maneira encadeada e no menor tempo posible para poder seguir avanzando e obter mellores puntuacións na clasificación xeral.

Dinámica do xogo
A través da plataforma web os equipos terán acceso aos catro retos/problemas que poden constar de varias fases encadeadas.
Para outorgar as puntuacións o xogo ten en conta dúas variables:
Resolución acertada do problema
Tempo de resolución
Para cada reto/problema establécese un tempo máximo de resolución.
En caso de bloqueo ou imposibilidade de avanzar, poderase solicitar axuda a través de pistas que axudarán a atopar unha resolución ao problema.