
Que é Challenge STEM?
Challenge STEM é o punto de encontro virtual de centos de estudantes de bacharelato científico, que permitirá espertar a súa paixón polas materias de ciencias e compartir os seus coñecementos para desenvolver unha aprendizaxe colaborativa, atractiva e lúdica.
Ademais do coñecemento, serán necesarios a competitividade, a colaboración e o traballo en equipo para resolver os retos científicos que permitan desbloquear e avanzar no xogo.
Este reto desenvolverase no mes de outubro e está dirixido a colexios de toda Galicia. Os cinco equipos finalistas terán a oportunidade de participar nunha xornada presencial de aprendizaxe práctica no Campus Industrial de Ferrol que lles permitirá achegarse ás titulacións de enxeñería que se imparten no Campus. Ademais de optar a conseguir algún dos incribles premios tecnolóxicos* que os están agardando.





Impulsado polo Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña, Challenge STEM é un xogo inmersivo e colaborativo no que grupos de estudantes de 1º e 2º de bachalerato e ciclos formativos superiores resolverán, a través dos seus coñecementos en materias STEM, algúns de retos tecnolóxicos máis preocupantes aos que se enfronta o noso planeta na actualidade.
O Challenge STEM desenvolverase do 10 ao 11 de novembro. O período de inscrición está aberto do 12 de setembro ao 5 de outubro.
Para quen?
Challenge STEM está dirixido a estudantes de 1º e 2º de bacharelato e ciclos formativos superiores de todos os colexios e institutos de Galicia, que formarán equipos dun máximo de seis participantes baixo a responsabilidade dun profesor ou dunha profesora.
Poderán participar tantos equipos por centro educativo como se desexe.
A función do profesorado será a de guiar, motivar e orientar o alumnado, para que cheguen ás solucións dos retos propostos sen influír na resolución destes.